spacer
IMPORTANTE: Cómo tramitar as reclamacións de danos e prexuízos polo apagón do 25 e 26 de agosto

O Concello de Frades informa de que UDESA abriu hoxe unha liña directa para que tanto os veciños e veciñas como as empresas poidan tramitar as reclamacións de danos e prexuízos polo apagón do 25 e 26 de agosto.

As reclamacións poden presentarse ben con usuario e contraseña no apartado https://udesa.es/area-privada ou ben na liña directa habilitada por UDESA https://udesa.es/peticiones/nueva-peticion/3

Importante: hai que indicar o CUPS (Código Universal de Punto de Subministro) que podes atopar en calquera das túas facturas.

En caso de dúbidas, o Concello de Frades pode axudarlle a facer o trámite (981 695 567).