spacer
Capela de A Madalena e Cruceiro (Frades)

A capela de A Madalena, está situada no lugar de San Mauro, na parroquia de Frades. É un edificio sinxelo, carente de ornamentación. Ten planta rectangular e unha soa nave. Os muros son de cachotería revocados, agás o enmarcado de ocos e sopenas, realizados en cantería. Sobre o lintel unha inscrición na que se pode ler a data na que foi construída, 1668. A espadana  é dun só oco.

Fronte a ela está o cruceiro, con plataforma cuadrangular, pedestal troncopiramidal, varal octogonal, sen capitel, cruz rectangular, no anverso un Cristo crucificado e no reverso a Piedade. O seu estado de conservación é bo.

Capela de A Madalena e Cruceiro (Frades)

Cruceiro de A Madalena (Frades)

Localización