spacer
Capela de As Virtudes e Cruceiro (Vitre)

Outro lugar de interese para visitar, non tanto polo seu valor arquitectónico como polo seu fermoso emprazamento, é a capela de As Virtudes en Vitre, situada nun contorno natural, nunha carballeira e cunha fonte nas proximidades.

A súa planta, que vén condicionada polo terreo irregular e en pendente, é rectangular cun corpo engadido no lateral da cabeceira, que lle confire un aspecto en “L”. No alzado presenta dous corpos graduados en altura, producindo un xogo de volumes que outorga maior dinamismo ao conxunto. As cubertas son de tella curva a dobre vertente e os vans moi escasos.

A decoración redúcese a unha espadana en dobre altura, con pináculos ornamentais e unha cruz pintada no alzado lateral dereito. A fachada segue o esquema común á zona: porta, van e espadana nun mesmo eixo lonxitudinal central. Encóntranse en bo estado, dada a súa recente restauración, cos parámetros revocados en branco e as esquinas e marcos dos vans formados por pezas de cantería á vista.

Nela celébrase unha concorrida romaría popular, na honra á Nosa Señora das Virtudes.

Capela de As Virtudes e Cruceiro (Vitre)

Cruceiro (As Virtudes)

Localización