spacer
Vitre (San Xoán)

Localízase ao leste do concello lindando con Mesía. Dentro do termo municipal faino coa parroquia de Papucín ao noroeste, Frades ao oeste, Gafoi ao sudoeste, Ledoira ao sur e Céltigos ao sueste.

As cotas máis altas danse ao nordés do concello, no Monte dás Virtudes (413 m) e as máis baixas ao sudoeste, na cunca do río Maruzo, que atravesa a parroquia segundo orientación nordés-sudoeste, polo seu sur e polo norte o río Gaiteiro, que augas abaixo verte as súas augas ao río Maruzo.

Ten unha superficie de 9,12 Km2 (11,2%) o que a sitúa dentro das parroquias máis grandes, como son o caso de Papucín (10,87 Km2), Abellá (10,93 Km2) e Moar (9,14 Km2), e moi distante de Céltigos, que con 2,79 Km2 se converte na parroquia máis pequena e en consecuencia a que menos superficie achega. Pola contra e en relación ao número de núcleos por Km2, sitúase como a parroquia con maior densidade, mentres que Vitre se encadra dentro das menores, por debaixo da media municipal que se localiza en 1,8. Esta densidade vai reflectida na heteroxeneidade de asentamentos que divide tal respecto á parroquia en dúas grandes franxas, segundo orientación nordés-sudoeste, sendo a localizada ao noroeste, a zona preferente.

A armazón viaria atópase definida por pistas de carácter municipal integradas na concentración parceira onde os núcleos se localizan vinculados a estas, sendo o ramal que vai de Tarrío, na parroquia de Papucín, ata a nacional, ao sueste, o que máis tráfico soporta. Non obstante é ao longo de esta onde se atopan dous dos núcleos, O Campo e Porta dos Caos, que máis poboación achega, sendo o núcleo de A Uceira, ao nordés, o que menos poboación achega. Descartamos o núcleo de Augas Santas nesta comparativa por ser este un asentamento cunha tremenda dispersión, estando algunhas das vivendas deshabitadas.

Os usos do chan seguen o patrón característico a todos os concellos, cunha primeira franxa no ámbito máis inmediato dos núcleos, con amplas extensións de pasteiros e labor intensivo, que favoreceu o desenvolvemento da actividade agropecuaria na parroquia. A continuación unha segunda franxa con dobre interpretación: cara ao oeste e norte predominio da matogueira e cara ao leste arboredo (asociación de coníferas e eucaliptos). Isto queda reflectido na táboa adxunta onde do total da parroquia destinado a uso forestal, o 42,63% (388,67 Ha) son matogueira e o 29,60% (269,91 Ha) son arboredo.

En canto ao número de núcleos, volvémonos atopar cunha dobre interpretación: por un lado, e segundo a toponimia da Xunta, temos 14 núcleos e polo outro o IGE atopamos con 9 núcleos. Este valor é unha variable determinante nalgúns puntos de estudio, tanto internamente como respecto ao resto de parroquias, o que o seu estudio pormenorizado nos permitiu un desenvolvemento máis próximo á realidade.

Os equipamentos máis significativos, a igrexa e o cemiterio, localízanse ao norte, na pista que vai cara a Reboredo, no núcleo de A Igrexa, mentres que ao longo da pista que une as parroquias de Papucín e Vitre atopamos un campo de fútbol.

Aldeas: Augas Santas, O Campo, O Casal, Os Currillos, A Fraga, A Igrexa, Os Loureiros, Pereiruga, O Piñeiro, Porta dos Caos, Reboredo, A Uceira, Vilarxoán, As Virtudes

Que ver

Máis Información

  • 912 Hectáreas
  • 157