Capela de Augas Santas e Cruceiro (Céltigos)
A Capela de Augas Santas está situada na parroquia de Céltigos. Esta ermida de reducidas dimensións presenta unha planta en “L” adaptada á lixeira pendente do terreo. Posúe tres entradas, unha na parte frontal en forma de arco, outra no lateral dereito e a outra, no extremo do brazo curto, precedida por un pequeno soportal sostido por piares de cachotería.
A estrutura dos muros é tamén de cachotería revestida e pintada, con pezas de cantería encintada en esquinas e vans, sendo estes últimos pouco abondosos. A cuberta é de tella a dúas augas. Resulta peculiar a presenza da campá no mesmo eixo cá porta principal, sostida por unha estrutura metálica no lugar da espadana tan frecuente nas construcións relixiosas desta zona.
O seu estado de conservación é bo e sitúase nun contorno rural rodeada de árbores e facendo conxunto cunha fonte, estreitamente vinculada á ermida. É de interese, xa non tanto polo seu valor arquitectónico como pola súa privilexiada situación.
Cruceiro Auga Santas