spacer
Céltigos (San Xulián)

Localizado ao leste do concello, linda na mesma dirección co municipio de Mesía. Dentro do termo municipal fai o propio coa parroquia de Vitre ao noroeste e ao sur con Ledoira e Añá. A súa orografía de transición caracterízase por unha pendente suave en toda a parroquia, que condicionou os usos do chan, con predominio de amplos pasteiros e no ámbito inmediato dos núcleos, que dá paso a unha segunda franxa de matogueira e por último pequenas áreas de arboredo con asociación de coníferas e eucaliptos.

Ten unha superficie de 2,79 Km2 o que supón o 3,4% do total do concello, sendo a parroquia máis pequena e a cuarta parte con respecto ás parroquias máis grandes, como son o caso de Abellá ou Papucín. A súa principal vía de comunicación é a N-634 que discorre pola zona oeste da parroquia segundo eixe nordés-sudoeste, enlazando con pistas de carácter municipal e de concentración que son as que forman a verdadeira armazón viaria.

En canto ao número de núcleos incluídos nesta parroquia, 9 en total, atópase dentro do grupo con menos dunha decena, non chegando nin sequera a estar preto da media (13 núcleos), sendo a súa distribución heteroxénea cunha zona preferente de asentamentos na zona central, nas proximidades da N-634 atopando as zonas limítrofes, tanto da parroquia como do concello, máis despoboadas, o que dá unha idea da pouca dispersión.

Se relacionamos o número de núcleos coa superficie obtemos a maior densidade por Km2 de todo o concello, 3,23, moi por enriba da media e bastante afastada de Abellá, que se sitúa como a segunda, chegando mesmo a triplicar parroquias como Galegos.

Predominan os núcleos de casarío concentrado con vivendas en medianeira rodeadas de numerosos anexos, como son os casos de O Vilar, Alemparte e A Igrexa, vinculados ás pistas de concentración e polo outro lado os núcleos disperso, localizados de forma lineal ao longo da N-634 como son Campoduro ou Gándara. En canto á relación entre estes, non podemos falar de núcleos dependentes ou principais, pois non existe ningún factor que así o determine, sendo o único núcleo a destacar o de A Igrexa polo feito de atopar aquí a Igrexa e o cemiterio parroquial.

En canto á poboación sitúase como a segunda parroquia que menos poboación achega que non se reparten de modo equitativo pola parroquia, con núcleos moi poboados como é o caso de Campoduro e núcleos como A Igrexa,o que menos.

Aldeas: Aboi, Alemparte, Alto de Aboi, Campoduro, A Cova, Gándara, A Igrexa, O Ulló, O Vilar

Que ver

Que facer

Máis Información

  • 279 Hectáreas
  • 113