spacer
Igrexa Parroquial e Cruceiro (Aiazo)

A Igrexa de San Pedro de Aiazo está situada nun contorno natural no núcleo da parroquia, no que se concentran as vivendas. Forma conxunto co cemiterio e co campo da festa, que se completa cun palco de factura recente e un cruceiro. É un edificio construído en cachotería revestido e pintado de branco, coa presenza de cantería arredor dos vans e nas esquinas.

A planta é rectangular dunha soa nave, cun engadido cuadrangular á esquerda da cabeceira e un coro elevado á entrada. A cuberta a dúas augas é de tella. O esquema da fachada principal é o clásico, moi abondoso nesta zona, coa porta, a fornela e co santo titular – neste caso San Pedro – , a fiestra e a espadana no mesmo eixo vertical. Tanto esta última, de dous vans, como os acroterios que coroan os extremos da fachada son de recente construción. A sobriedade e a escaseza de vans caracterizan todo o edificio.

Igrexa Parroquial e Cruceiro (Aiazo)

Cruceiro (Aiazo)

Localización