spacer
Igrexa Parroquial e Cruceiro (Frades)

Construída na honra de San Martiño, posúe unha planta rectangular que se estreita na parte da cabeceira, aínda que coa mesma altura. Os muros de carga son de cachotería revocada con morteiro de cemento e pintada recentemente de cor branca, e a cuberta a dobre vertente construída en formigón e con cubrición de fibrocemento. A fachada principal, practicamente desprovista de elementos decorativos, presenta nun mesmo eixo lonxitudinal central a porta e un van, cuadrangulares e sinxelos, e, truncando a cornixa, unha espadana de dous arcos feita con pezas de cantería de pedra e coroada por pináculos, os únicos elementos ornamentais do conxunto.

Os vans que se abren ao longo da nave e que iluminan o interior teñen forma de arco lixeiramente abucinado e están enmarcados por pezas de cantería. Unha vez máis, sinxeleza e sobriedade caracterizan a construción.

Encóntrase nun contorno de gran beleza, bastante illada e vinculada directamente ao cemiterio.

Igrexa Parroquial e Cruceiro (Frades)

Cruceiro (Frades)

Localización