Igrexa Parroquial e Cruceiro (Gafoi)
A igrexa de Santa Mariña de Gafoi, do século II, de orixe románica, considérase a máis antiga do concello, se ben pasou por remodelacións en época barroca, das que proceden moitos dos seus elementos, conserva unha porta románica con dous pares de columnas, tímpano liso e arquivolta exterior axadrezada. Unha cruz inscrita nun círculo, procedente dun templo medieval, xace no chan do atrio. Presenta unha planta rectangular con presbiterio separado por arco triunfal e sobreelevado con respecto á nave, sancristía na parte posterior e coro nos pés. Na fachada, nun mesmo eixo vertical central, alíñanse a portada, un van e unha espadana. A porta principal, de carácter románico, componse de dous arcos de medio punto apoiados en pequenas columnas de capitel esquematizado acubilladas nas xambas. Tanto o tímpano como os arcos carecen de decoración, a excepción da arquivolta de remate, que presenta un axadrezado. Encima a espadana de dobre van rematada en pináculos con bólas e un corpo composto por un óculo e rematado en cornixamento curvo con elementos decorativos propios do barroco. O presbiterio alberga un retablo de madeira barroco, composto por columnas balaustradas.
Cruceiro (Gafoi)