Igrexa Parroquial e Cruceiro (Ledoira)
Tamén de interese arquitectónico é a igrexa barroca de San Martiño de Ledoira, situada nun contorno rural, formando conxunto co cemiterio, como é habitual. As súas características construtivas constitúen unha constante na zona: planta rectangular con sancristía engadida nun lateral, e unha única nave; muros de carga de cachotería recebada e pintada de branco con zócolo azul; vans escasos e de pequenas dimensións, cun esquema compositivo da fachada concentrando os elementos – porta, fiestra e espadana – nun mesmo eixo lonxitudinal central; cuberta de tella a dúas augas, e elementos ornamentais practicamente inexistentes. Estes últimos limítanse a unha serie de pezas de cantería rodeando a porta principal, unha moldura curva no cornixamento e unha espadana decorativa dun só corpo e dous arcos rematada en pináculos con bólas e cruz.

Cruceiro (Ledoira)