spacer
Ledoira (San Martiño)

Situada ao sueste do concello, lindando ao sudoeste con O Pino e ao sur con Arzúa. Dentro do termo municipal fai o propio con Vitre ao norte, con Céltigos ao nordés, con Añá ao sueste e con Gafoi ao oeste.
A súa orografía vai condicionada polo río Tambre, que polo sur fai as funcións de límite municipal, sendo o principal curso fluvial, ao que verten as súas augas os regatos de Pio e Porto. Así pola zona norte da parroquia, non atopamos co Monte de Vara, con cotas que roldan os 385 m, cando pola contra as máis baixas se dan ao sur, nas beiras do río Tambre, que apenas alcanza os 300 m.

Ten unha superficie de 5,66 Km2 acorde co resto de parroquias, moi afastada de aquelas que maior achega fan, como son o caso de Abellá (10,93 Km2) ou Papucín (10, 87 Km2), chegando a duplicar a superficie da máis pequena: Céltigos (2,79 Km2).

A principal vía de comunicación é a N-634, que atravesa a parroquia segundo orientación sudoeste-nordés, dende a parroquia de Gafoi cara á parroquia de Céltigos, e que comunica con diversos camiños de concentración parceira, que son a verdadeira armazón viaria e que do mesmo modo permiten a comunicación co concello de Boimorto.

É precisamente o seu relevo o que condicionou aos asentamentos, que elixiron a zona centro da parroquia, como asentamento preferente, quedando os límites da mesma máis despoboados, co que se pode falar de distribución heteroxénea, que do mesmo modo determinaron os usos do chan, con amplas zonas en torno aos mesmos de pasteiros e labradío, para dar paso ao arboredo, a partir de coníferas e eucaliptos, pola zona sur, cara ás marxes do río Tambre e matogueira pola zona norte, que se corresponden co Monte de Vara.
En total atopámonos con 12 núcleos rurais e un urbano, Ponte Carreira, se ben é certo que segundo os datos achegados polo INE só recoñecen 4 entidades de poboación. Neste caso ímonos basear nos primeiros datos, obtidos da toponimia da Xunta, así como do traballo de campo, que nos permite incluíla dentro daquelas que superan a decena, con case o dobre que parroquias como Mesos (6 núcleos) e a metade que Abellá (25 núcleos).

O núcleo máis importante pódese considerar por Ponte Carreira, compartido con as parroquias de Gafoi e Ledoira, e situado na confluencia do antigo percorrido da estrada nacional N-634 coa estrada provincial DP-3802. A súa tipoloxía é lineal ó longo destas dúas estradas, con viarios perpendiculares que conectan este núcleo cos rurais do entorno, sendo a súa tipoloxía edificatoria fundamental a vivenda unifamiliar illada ou pegada, xa que a edificación colectiva é case inexistente. O seu aspecto máis relevante é a presencia de actividades industriais vinculadas ó seu crecemento, así como a localización de determinados equipamentos: escolas, pavillóns polideportivos, centro de saúde, campo de fútbol, etc.

O resto de núcleos atópanse entre o rego do Porto e o rego de Pio, sendo o segundo máis representativo o de Igrexa, xa que aquí atopa a Igrexa Parroquial e o cemiterio.

En canto á poboación atópase dentro das parroquias que menos poboación achega, sendo a repartición dentro desta moi desigual. Para a distribución da poboación seguimos as pautas marcadas polo INE, que solo recoñecía 4 entidades, onde se aprecian as grandes diferenzas con núcleos como Receá e Ribadas, que son os menos poboados, mentres que os núcleos de A Igrexa e O Vilar, suman a maior poboación da parroquia.

Aldeas: O Cadabal, A Camposa, O Covelo, A Figueira, Fonte Maior, A Igrexa, A Pontenova - As Costas, As Quintáns, Receá, Ribadas, O Vilar, Vilorín

Que ver

Que facer

Onde Durmir

Onde Comer

Onde Tomar Algo

Empresas

Agrobarreiro S.L

Agrobarreiro S.L

  • Cadaval - Ledoira N634 P.K 688, Frades, A Coruña
  • 981 692 244
Máis información
Aluminios y PVC Waldo Bello

Aluminios y PVC Waldo Bello

  • Lg. Cadaval, Ledoira, Frades, A Coruña
  • 981 692 274
Máis información
E.S. Pontecarreira

E.S. Pontecarreira

  • N634, PK688,Ledoira, Frades, A Coruña
  • 981 692 002
Máis información

Máis Información

  • 566 Hectáreas
  • 151