spacer
Igrexa Parroquial e Cruceiro (Moar)

Igrexa parroquial rural de orixe barroca, situada nun núcleo de vivendas.

Posúe planta rectangular, dunha soa nave, que se estreita na parte final e se divide en tres corpos a diferente altura: o dianteiro e o correspondente á cabeceira máis baixos có central e con cuberta a dúas e catro augas respectivamente. Os muros de carga, de cachotería, aparecen recebados, deixando á vista nas esquinas pezas de cantería de pequeno tamaño. As cubertas son de tella curva.

A decoración, se ben bastante austera, concéntrase na fachada, na que aparece, ao longo do eixo vertical central, unha franxa decorativa en pedra, que remata na espadana dun corpo, coroada por pináculos. Esta ornamentación confírelle á igrexa un aspecto máis rico ca outras da zona.

No interior, na parte do altar maior, que está lixeiramente sobreelevada con respecto á nave, sitúase un retablo do século XVIII, que proximamente vai pasar por unha restauración. Algunhas partes do interior están reformadas na actualidade, como o piso de baldosas. O tramo central, máis elevado en altura, cóbrese con bóveda de arestas.

Igrexa Parroquial e Cruceiro (Moar)

Cruceiro (Moar)

Localización