spacer
Pazo de Casal

O Pazo de Casal, atópase na parroquia de Aiazo, na que hoxe só é unha casa labrega deshabitada, da que só se poden ver as paredes (parte delas deterioradas e derruídas), sen máis signo de distinción que unha alta cheminea. Sábese que foron donos deste pazo D. Juan López de Casas e a súa muller, Dna. Inés Mosquera.
A configuración da planta rectangular era alterada polas diversas construcións que lle foron apegando, sempre con funcións gandeiras ou relacionadas co agro, perpendicularmente unhas cortes e na parte traseira un alpendre. Dentro da leira había outro alpendre máis illado preto dun hórreo de madeira. Situado sobre dúas cepas de cachotería, combinaba faixas verticais con outras horizontais, e mantiña a cuberta a dúas augas de tella curva.
A pedra é o material empregado en todas as construcións que conforman o conxunto, en forma de cachotería miúda, reforzándose os vans e esquinais con pedras máis grandes de cantería. A cuberta tamén era a máis estendida na comarca e trazábase a catro augas.

Localización