O equipo de Goberno do Concello de Frades celebra a declaración de impacto ambiental desfavorable do proxecto do parque eólico Gasalla emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Un proxecto que pretendía instalar 7 aeroxeradores de 3,465 MW de potencia unitaria (24,255 MW de potencia total) nos concellos de Frades e Mesía promovido por Green Capital Power SL. 

O Concello de Frades presentou unha alegación na que amosaba o seu  total oposición ao parque eléctrico de Gasalla con ata 16 incumprimentos da lexislación deste proxecto, polo que lle solicitaba á Xunta que emitira Declaración de Impacto Ambiental Negativa.

Documentación

Proxecto e todos os documentos que o compoñen. Documentación

Bando municipal. Descargar aquí.

Número de alegacións presentadas: 551, das que 536 foron presentadas por particulares, 2 polos Concellos de Frades e de Mesía e 13 por asociacións, empresas e outras organizacións.

Alegación de Frades:

Informacións publicadas

27/01/2023. O Concello de Frades celebra a decisión da Xunta de informar negativamente do proxecto eólico Gasalla por non ser ambientalmente viable. Ver.

16/09/2022. Frades maniféstase en contra do proxecto eólico Gasalla e presentará as alegacións oportunas. Ver.

16/09/2022. A Xunta somete a información pública o parque eólico de Gasalla, nos concellos de Frades e Mesía. Ver.