spacer
Añá (Santa María)

Localízase ao sueste do concello lindando cos municipios de Boimorto ao leste e Arzúa ao sur. Dentro do termo municipal fai o propio coas parroquias de Céltigos ao norte e Ledoira ao noroeste e oeste. A súa orografía é de suave pendente nas cotas máis altas que se corresponde co Monte de Añá (405 m) e máis accidentada segundo descendemos cara ao río Tambre, que fai as funcións de límite municipal co concello de Boimorto.

Ten unha superficie de 5,74 Km2, o que a sitúa por debaixo da media e dentro das parroquias máis pequenas. Nela localízanse 12 núcleos que se distribúen en dúas franxas segundo eixe norte-sur: a localizada ao leste, onde se sitúan o maior número de núcleos e a localizada ao oeste. Esta distribución incide directamente nos usos do chan con predominio de pasteiros no ámbito dos núcleos, separados ambos os dous grupos por unha franxa de arboredo, que se mestura coa matogueira nas proximidades de Tambre e rego do Pío.

A comunicación entre os núcleos, así como coas parroquias veciñas realízase a través de pistas de concentración, que creou unha complexa armazón viaria. A súa poboación repártese de forma desigual, con núcleos moi poboados como son o caso de Sanamil e Tarrentos, mentres que no lado oposto nos atopamos con Chedas. 

O núcleo de A Igrexa é onde se localiza un dos equipamentos representativos como é a Igrexa Parroquial, mentres que o cemiterio se localiza na pista que vai cara ao norte, en dirección a Carballiño.

Aldeas: Añá de Meus, Bouzamonte, A Carballeira, Carballiño, Chedas, A Gándara, A Igrexa, O Lameiro, O Pombo, San Paio, Sanamil, Tarrentos

Que ver

Máis Información

  • 574 Hectáreas
  • 146